A Compañía

BENGALA Teatro Físico somos unha compañía formada por artistas multidisciplinares que aposta por novas linguaxes dende unha perspectiva social e de xénero cun obxectivo: reflexionar a través da arte, aspirando a ser paridoras de preguntas. Vivimos nun mundo convulso que demanda afondar e achegar luz ás problemáticas sociais máis alarmantes.

Cremos no teatro como un espazo onde é posible investigar e trasladar todas estas cuestións á sociedade, creamos dende os View Points e construímos a dramaturxia dende a pregunta: Por que se precisa esta obra agora?

As Andreas de Bengala

An González (A Estrada, 1995). Co-xestora da compañía · Directora, dramaturga e posta en escena.

Andrea Maseda (Muimenta, 1993). Co-xestora da compañía ·  Actriz e creación audiovisual.

As Andreas de Bengala Fundadores de Bengala Teatro Físico

QUE TEMOS QUE FACER PARA POÑER A MARXE NO CENTRO?

Alicia Wants To é unha mestura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sae dun centro de menores e se reencontra con súa nai, Juana.  Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe ás minorías.

Para afondar na idea de que non todos nacemos coas mesmas posibilidades a historia está construída a través dunha partida de xadrez, a partida de Alicia, na que ela xoga as brancas pero non conta con todas as pezas. Neste contexto, o público é parte activa e elixirá -votando co seu programa de man- algunha das decisións que ten que tomar Alicia.

A dramaturxia está inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.  

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA AN GONZÁLEZ ELENCO ANDREA MASEDA · ESTRELLA TOMÉ · ESTELA DEL RÍO · ALEXIA VILLAR  ILUMINACIÓN JORGE LÓPEZ ASESORÍA TEATRAL REY MONTESINOS CREACIÓN AUDIOVISUAL ANDREA MASEDA ELENCO PROXECCIÓNS OLIVIA ARGUDO · CHRISTIAN TOIMIL VOZ EN OFF MANO PARDO · ANDRÉS GONZÁLEZ · PAULA MASEDA · TERESA RODRÍGUEZ · XOSÉ VALCÁRCEL · IVÁN GÓMEZ VESTIARIO ELISA DÍAZ · FIXENÖEU ESCENOGRAFÍA BORJA C. PERNAS ATREZO MIGUEL MORÁN · ERO VÁZQUEZ FOTOGRAFÍA LAURA POSE PRODUCIÓN, DISTRIBUCIÓN, DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO BENGALA TEATRO FÍSICO COLABORACIÓN CENTRO DRAMATÚRXICO GALEGO (AO ABEIRO DO XUVENTUDE CREA 2025) · TIC LUGO · SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DE LUGO · CONCELLO DE SARRIA · CONCELLO DE MEIRA

CALENDARIO

ALICIA WANTS TO

28 FEBREIRO | 18:00

CENTRO PENITENCIARIO DE BONXE

OUTEIRO DE REI

ALICIA WANTS TO

7 MARZO | 20:30

TEATRO PRINCIPAL A ESTRADA

A ESTRADA

ALICIA WANTS TO

27 MARZO | 21:00

TEATRO LAURO OLMO

O BARCO DE VALDEORRAS

ALICIA WANTS TO

10 ABRIL | 20:30

CENTRO CÍVICO MANUEL MURGUÍA

ARTEIXO

EN CARNE VIVA

14 ABRIL | 12:00

AUDITORIO BALDOMERO CORES

CEE

EN CARNE VIVA

15 ABRIL | 12:00

CASA DA CULTURA

VIMIANZO

EN CARNE VIVA

16 ABRIL | 11:30

PAZO DA CULTURA

CARBALLO

ALICIA WANTS TO

23 ABRIL | 20:30

AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

LUGO

ALICIA WANTS TO

21 MAIO | 20:30

TEATRO PRINCIPAL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ALICIA WANTS TO

28 MAIO | 12:00

AUDITORIO ABANCA (GALICIA ESCENA PRO)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ALICIA WANTS TO

2 OUTUBRO | 20:00

AUDITORIO DA XUVENTUDE

CAMBADOS

ALICIA WANTS TO

25 NOVEMBRO | 13:00

CENTRO SOCIOCULTURAL LUIS SEOANE

O PINO

ALICIA WANTS TO

28 NOVEMBRO | 20:00

AUDITORIO MUNICIPAL

SALCEDA DE CASELAS